Xesús Pedreira, en primero término, repartido propaganda electoral do PSOE. Detrás, Losada e Cortizo. |
Xesús Pedreira: "Nestas eleccións nos xogamos a nosa educación, a nosa sanidade e os nosos servizos sociais"
Os candidatos do PSdeG-PSOE Javier Losada, número 1 ao Senado, e Miguel Cortizo, número 2 ao Congreso, percorreron na mañá de onte as rúas e a feira de Ordes da man do secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, para pedir o voto para Alfredo Pérez Rubalcaba o vindeiro domingo. Todos eles coincidiron en destacar que “votar socialista este 20-N é a única garantía de continuidade para o Estado de Benestar en España”.
Durante o percorrido, de algo máis de hora e media, os socialistas aproveitaron para comentar cos veciños e veciñas de Ordes os aspectos máis importantes do programa de Pérez Rubalcaba e a importancia de ir votar este domingo. Xesús Pedreira indica que que “as eleccións do 20-N son moi importantes. Non só porque é a primeira vez na historia da democracia na que podemos votar en paz e sen a ameaza do terrorismo, senón porque nos estamos xogando o Estado de Benestar, sobre todo en aspectos esenciais como a sanidade, a educación e os servizos sociais”.
Neste sentido, Miguel Cortizo explica que “o 20-N viviremos unha nova batalla nesta loita permanente que existe entre aqueles que defendemos os avances sociais, que somos os socialistas, e unha dereita que sempre se mostra reaccionaria e que pretende botar abaixo todos os logros conseguidos”. Cortizo considera que “foi así dende o principio, hai unha opción conservadora e a favor das clases pudientes e poderosas, que representa Rajoy, e unha corrente progresista que mira pola xente e defende os avances sociais, que personifica Alfredo Pérez Rubalcaba”.
*