martes, 8 de noviembre de 2011

A banda deseñada chega á biblioteca de Ordes

A Biblioteca Municipal acolle a exposición do gañador do V Premio Castelao da Deputación

Poderá visitarse ata o vindeiro 15 de novembro no horario habitual


A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá ata o vindeiro día 15 de novembro unha exposición do traballo gañador do V Premio de Banda Deseñada Castelao promovido pola Deputación da Coruña.

A mostra, que se pode visitar no horario habitual da biblioteca de luns a venres de 08:30 a 14:30 e de 15:30 a 20:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas, consta de vinte cadros nos que se pode observar o traballo premiado polo ente provincial e titulado Sen mirar atrás.

Fondo de arquivo
Aproveitando esta exposición, as responsables da biblioteca ordense anunciaron que durante estes días tamén se dará a coñecer a todos os usuarios o fondo de bandas deseñadas novas cos que conta o centro. Un fondo no que se inclúen tanto títulos clásicos Superman, Mortadelo, etc, como reedicións de historietas antigas e unha extensa colección de bandas deseñadas manga.

Co fin de fomentar a lectura deste tipo de libros entre os mozos do municipio, tamén está previsto que durante esta semana alumnos de 1º da ESO do IES Nº1 e do IES Maruxa Mallo, realicen visitas á biblioteca ordense, nas que ademais de poder disfrutar da exposición coñecerán os exemplares de historias gráficas coas que conta o centro.

*