|
María Jesús Sainz e Marta González entre un grupo de afiliados e simpatizantes do Partido Popular de Ordes. |
Participaron xunta con Martínez Sanjurjo no tradicional reparto de propaganda electoral
Na mañá de hoxe, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes,
José Luis Martínez Sanjurjo, participou no
reparto de propaganda electoral entre os visitantes da feira de Ordes. O ordense estivo acompañado polo secretario de Organización do PP provincial,
Manuel Álvarez-Campana e as candidatas ao Congreso dos Deputados e Senado de España pola provincia da Coruña,
María Jesús Sainz e
Marta González, respectivamente.
|
Os visitantes da feira de Ordes amosaron un gran interés por coñecer a proposta electoral do Partido Popular. |
As
candidatas electorais poideron coñecer de primeira man as
suxerencias e tamén
reclamacións que os veciños de Ordes lles trasladaron co fin de que, unha vez en Madrid, procuren
telas en conta.
|
José Luis Martínez Sanjurjo fala cun grupo de visitantes da tradicional feira dos mércores en Ordes. |
*