domingo, 13 de noviembre de 2011

Preto dun cento de escolares ordenses visitaron a Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal de Ordes conta con máis de 16.000 volúmenes dispoñibles para os lectores.

Co fin de visitar a mostra do gañador do V Premio de Banda Deseñada Castelao e a nova colección de historietas coas que conta o centro


Preto dun cento de alumnos de 1º da ESO do IES Nº1 e o IES Maruxa Mallo de Ordes visitaron esta semana a biblioteca municipal. O Obxecto destas visitas foi coñecer a exposición do gañador do V Premio de Banda Deseñada Castelao, promovido pola Deputación da Coruña.

Aproveitando esta ocasión, as responsables do centro deron a coñecer aos estudantes o fondo de historietas novas cos que conta o centro. Un fondo no que se inclúen tanto títulos clásicos como Superman ou Mortadelo y Filemón, como reedicións de bandas deseñadas antigas e unha extensa colección de manga

Servizos da biblioteca
Ademais durante estas visitas escolares á biblioteca, as responsables da mesma tamén explicaron aos rapaces todos os servizos cos que contan como o aluguer de libros, ordenadores con acceso a internet de balde e un fondo bibliográfico de máis de 16.000 exemplares ao que se suma outro material audiovisual.

*