viernes, 4 de noviembre de 2011

Queres aforrar? comparte coche

O Concello de Ordes anima a participar na campaña “Comparto Coche”

Os interesados poden informarse e inscribirse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello


O Concello de Ordes anima aos veciños do municipio a participar na campaña “Comparto Coche” posta en marcha polo departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal.  

Nesta ocasión baixo o título “Comparto Coche” o Concello de Ordes pon a disposición dos veciños e veciñas un servizo que facilita o encontro de persoas que estean interesadas en compartir vehículo para realizar traxectos rutinarios de traballo, estudos, etcétera.

A través desta iniciativa, preténdese que compartindo coche se reduzan o número de vehículos que circulan polas estradas, disminuir os atascos, o consumo enerxético e a contaminación, ademais de que os participantes poidan aforrar combustible.

José Luis Gómez Candal.
Apúntate xa 
Todos aqueles que estean interesados en participar nesta campaña poden recibir máis información e inscribirse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello, chamando ao teléfono 981680002 ou ben a través do perfil de facebook “Medio Ambiente Ordes”, no que poderán encontrar ademais outras actividades e iniciativas que leva a cabo o Concello en materia de medio ambiente.

Os participantes cubrirán unha ficha facilitando os horarios e percorridos que estarían interesados en compartir con outros usuarios, servindo así o Concello como intermediario para poñer en contacto a todos aqueles que coincidan en destino e hora para compartir vehículo.

*