jueves, 17 de noviembre de 2011

Próximamente...Ordenses do Ano 2011

Os lectores poderán escoller aos protagonistas do ano que agora remata en diferentes categorías


Quen se sumará aos nomes de Iván Raña (2008), Juanjo Liñares (2009) e Alberto Bouzas Mosquera (2010)?

Dentro de poucos días e por cuarto ano consecutivo, Ordessiete chama a todos os seus lectores para escoller aos protagonistas do ano 2011 no noso municipio. Nesta edición estrearemos novas categorías e tamén haberá novas sorpresas. Entre elas, todos vos poderedes escoller ao Amigo/a de Ordes do ano 2011, entre as personalidades preseleccionadas que aínda non sendo de Ordes, si fixeron unha importante aportación ao noso municipio.

Quen será o Ordense do ano 2011? E o Ordense Revelación? E o concelleiro do ano, empresario e asociación?

Ordenses de edicións anteriores
Ano 2008: Iván Raña Fuentes, triatleta.
Ano 2009: Juanjo Liñares, folclorista.
Ano 2010: Alberto Bouzas Mosquera, cardiólogo do CHUAC.

Próximamente en Ordessiete


*