A empresa incineradora de cadáveres animais recibe queixas dos veciños de Lesta
O concelleiro socialista Xesús Pedreira informou hoxe do rogo que presentou o pasado 24 de novembro ao alcalde Manuel Regos durante o pleno ordinario da corporación municipal, co seguinte contido:
Con data de de 10 de maio do 2011 con número de saída 1798, remiteuse á xerencia de Cesuga, empresa incineradora de cadáveres animais procedentes de toda Galicia instalada en Cerceda no limite coa parroquia ordense de Lesta, onde se realizaron queixas polo cheiro insoportable que teñen que soportar, incluso algun foi o medico por dor de cabeza e malestar xeralizado.
Efectos nocivos
Neste escrito se solicitou que Cesuga poñera os medios necesarios para subsanar os efectos nocivos que estan a ocasionar aos veciños de Lesta e alrededores polo impacto medioambiental que xera.
Na súa condición de concelleiro socialista no Concello de Ordes, ao abeiro do artigo 97.6 do Regulamento de Organización, Funcionamiento e Réxime Xurídico das Entidades Locais ( RD 2568/de 28 de Novembro), formulalle ao señor alcalde o seguinte rogo:
-Nos conteste si Cesuga contestou o escrito de 10 de maio, onde se especificaba si iba a poñer os medios necesarios para subsanar estes efectos nocivos e cales eran, por que o problema do cheiro inda persiste o cal da entender que o problema permanece e as medidas non se poñeron ou non foron eficaces.
*