Martínez Sanjurjo será o presidente do comité de campaña do PP de Ordes. |
O Partido Popular de Ordes celebrou onte a tradicional pegada de carteis como comezo da camapaña electoral mandando unha mensaxe de "cambio" e "ilusión" por "contribuír" a que un galego e compostelán como Mariano Rajoy "sexa o próximo presidente do Goberno".
O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que participa nas listas que encabeza Antonio Erias pola provincia da Coruña ao Congreso dos Deputados, presidirá o comité de campaña dos populares ordenses que estará integrado por unha trintena de persoas.
Sanjurjo xa adiantou que a campaña será "austera e porta por porta", co obxectivo de explicar aos veciños de Ordes que hai "razóns para a esperanza".
Afiliados, dirixentes e simpatizantes do Partido Popular, esta noite na Alameda de Ordes. |
"Un goberno en Madrid dun galego coma Mariano Rajoy traerá sen dúbida a estabilidade que España necesita para traballar por sacar ao noso país desta crise económica"
"A mellor política social que existe será a que poña en marcha un goberno do Partido Popular en Madrid: a da creación de emprego que é a que sosterá e viabilizará o noso sistema de bienestar"
*