Martínez Sanjurjo: “O PP de Ordes fará canto estea nas súas mans para que un galego, Mariano Rajoy, sexa presidente do Goberno de España”
Arredor dun cento de militantes e simpatizantes do Partido Popular de Ordes acudiron este mediodía á Coruña para participar nun acto protagonizado polo presidente nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy.
Un autobús e numerosos vehículos particulares trasladaron desde Ordes aos participantes neste acto político que contou coa asistencia de milleiros de persoas e no que Mariano Rajoy foi aclamado como vindeiro presidente do Goberno de España.
Podes ver o vídeo do encontro do presidente do PP cos afiliados e simpatizantes en A Coruña (Europapress) facendo clic baixo estas liñas.
Podes ver o vídeo do encontro do presidente do PP cos afiliados e simpatizantes en A Coruña (Europapress) facendo clic baixo estas liñas.
José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP no Concello de Ordes que participou no acto xunto cos demais concelleiros populares, advirte, non obstante, dos riscos de caer na complacencia durante as datas previas aos comicios xerais do próximo 20 de novembro e apunta que nada se pode dar por gañado ata entón.
“O Partido Popuar de Ordes fará canto estea nas súas mans para que un galego, Mariano Rajoy, sexa o vindeiro presidente do Goberno de España”, agrega Martínez Sanjurjo.
*