domingo, 6 de noviembre de 2011

Castro: "O BNG será a única formación que faga mitíns en todas as parroquias de Ordes"


Acto de inicio da campaña do BNG o pasado venres.
Os nacionalistas piden "exercer de galegos" á hora de ir a votar

Ana Pontón e Francisco Jorquera estarán en Ordes o martes, 15 de novembro

O BNG de Ordes iniciou a campaña electoral para as eleccións xerais en Ordes apelando á participación dos veciños. Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG manifestou que “de nada serve exteriorizar un malestar se non se participa o 20N para propiciar que mude este estado de cousas”.

Os nacionalistas desenvolverán unha campaña moi activa en Ordes, realizando mitíns en todas as parroquias, e que terá como punto culminante o mitín central que desenvolverán o vindeiro martes, 15 de novembro, no restaurante O Túnel, e que contará coa participación de Ana Pontón, deputada do BNG no Parlamento Galego e Francisco Jorquera, cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña.

Gonzalo Castro. 
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O apoio ao BNG nas eleccións xerais asegura a defensa dunha saída social á crise e que Galiza teña voz e peso político no Estado”.

“O mellor aval do BNG é o traballo feito. Non houbo cuestión que afectase a Galiza. Non houbo problema que atinxira ao pobo galego, que o BNG non trasladase ao Parlamento do Estado. Sen a presenza do BNG, Galiza simplemente non tería existido, estaría totalmente ausente na política estatal”.

“Agora compre reforzar a presenza do BNG nas Cortes do Estado, para que o Goberno cumpra con Galiza, porque a atención aos intereses de Galiza non depende da existencia ou non de 'Gobernos amigos en Madrid', depende de ter voz e forza para influír positivamente na política estatal, que só o reforzo ao BNG pode asegurar, como avala a súa traxectoria parlamentar”.

*