lunes, 7 de noviembre de 2011

Ordes, a ritmo de hip hop


O Concello de Ordes segue adiante cos obradoiros enmarcados dentro do programa “Enrolarte en Igualdade” 


O Concello de Ordes segue a celebrar as diferentes actividades enmarcadas dentro do programa municipal “Enrolarte en Igualdade” que incluiron, ata o momento, dúas sesións dun obradoiro de hip hop e un obradoiro de banda deseñada.

De cara a vindeiras datas de celebración doutros obradoiros serán as seguintes:
 - obradoiro de vídeo relato: 4 e 5 de novembro
 - obradoiro de hip hop: 11 de novembro
 - obradoiro de cociña creativa (Unha cea especial): 12 e 18 de novembro
 - Gymkana (Supervivencia no fogar) e clausura das actividades: 19 de novembro.

As actividades terán lugar na Casa da Cultura de Ordes en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Inscripcións
Todos aqueles que estean interesados en participar nos obradoiros que quedan por celebrar todavía poden inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes en horario os luns de 09:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e de martes a venres de 09:00 a 15:00 horas, ou chamando ao 981680002. Tamén poderán recibir máis información a través da dirección de correo electrónico cim@ordes.dicoruna.es ou no perfil de facebook www.facebook.com/concellodeordes .

Os requisitos para poder inscribirse será ter entre 12 e 18 anos ou estar cursando a ESO ou Bacharelato, tendo preferencia os rapaces e rapazas empadroados/-as no Concello de Ordes. A inscrición é totalmente gratuíta.

Enrolarte en igualdade
O programa “Enrolarte en igualdade”, promovido polo Concello de Ordes, ten como finalidade concienciar e sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero existentes e fomentar actitudes igualitarias. Esta iniciativa forma parte do programa “Educar en igualdade”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galcia e polo Fondo Social Europeo.

*