Xesús Pedreira dando comezo á campaña electoral do PSOE en Ordes. |
Xesús Pedreira avanza os pilares no que se asentará o proxecto socialista: Educación pública, servizos sociais e sanidade
Un grupo de dirixentes, afiliados e simpatizantes socialistas de Ordes participou esta noite ás 00:00 horas na tradicional pegada de carteis co que da comezo a campaña electoral.
Nun ambiente de ilusión e esperanza polo proxecto socialista que defende o seu candidato, Alfredo Rubalcaba, os socialistas aspiran nestas eleccións a lograr a maior representación posible para a provincia coruñesa en xeral e a comarca de Ordes en particular, no Congreso dos Deputados de Madrid.
O compromiso dos socialistas logo das eleccións, asegurou esta noite o secretario local do PSdG-PSOE, Xesús Pedreira, "será pleno coa educación pública, os servizos sociais e a sanidade que por xustiza lle corresponden aos nosos veciños e veciñas".
"Rubalcaba, sí" e "Pelexa polo que ti queres" son os dous lemas socialista nesta campaña electoral 2011. |
"O voto socialista será, máís que nunca necesario para frear o brutal recorte de servizos sociais que dende o Partido Popular vense facendo nas Administracións públicas que dirixen, moi especialmente na Xunta de Galicia"
"Os ordenses necesitamos estar representados en Madrid do mellor xeito posible, e non hai ninguén mellor capacitado para iso que o socialista Fran Caamaño nunha lista na que tamén participa unha ordense, María del Carmen Fernández Reboredo"
*