Tamén participou a Infantería de Marino do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol
Centos de veciños e veciñas de Ordes participaron esta mañá na homenaxe, que como vén sendo habitual, se lle celebra ano tras ano o dia 1 de novembro ao coñecido como “Soldado Lois”. Unha homenaxe organizada polo Concello de Ordes e a Infantería de Marina do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol.
O acto, ao que asistiron ademais dos veciños, membros da corporación municipal, Policía Local e Garda Civil, estivo presidido polo alcalde, Manuel Regos, e o coronel do Tercio Norte, Ramón Piñeiro.
Os actos de homenaxe ao Cabaleiro Laureado Manuel Lois García, Soldado Lois, consistiron nunha misa no cemiterio do Piñeiro, ao que seguiu unha ofrenda floral na tumba do Soldado Lois e finalmente un concerto da Banda de Música da Infantería de Marina do Tercio Norte do Arsenal de Ferrol na Alameda de Ordes.
*