A causa é a negativa de José Luis Martínez Sanjurjo de non querer participar no debate electoral de Radio Ordes
O último pleno da corporación municipal de Ordes acordou a celebración dun debate electoral entre as formacións políticas que concurren ás eleccións xerais. Que finalmente terá lugar este mércores, 16 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, e será retransmitido pola radio municipal.
A proposta foi tomada en consideración a iniciativa do Bloque Nacionalista Galego (BNG), e no citado pleno anunciaron a súa participación no debate tanto o BNG como o PSOE, mais o PP ven de confirmar a súa negativa a participar neste debate, o que provocou as críticas do portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, que calificou a actitude do PP de “desprezo aos veciños e veciñas de Ordes”
“O PP négase a participar no debate porque non quere descubrir a súa alternativa, que non é outra que a de defender aos que causaron a crise económica, aos bancos e aos especuladores financieros, facendo que pague a factura da crise os que non a causaron, a maioría social, con recortes en servizos públicos e dereitos sociais”.
“O BNG participará no debate para explicar a súa alternativa política aos veciños e veciñas de Ordes, unha alternativa que pasa por defender que Galiza teña peso e conte en Madrid e pola aposta por unha saida social á crise económica”
*