miércoles, 2 de noviembre de 2011

Convocada asamblea na parcelaria de Beán- Pereira

Co fin de que se elixan representantes dos agricultores de ambas parroquias para a xunta local da zona


O vindeiro día 13 de novembro convócase unha asamblea de participación na concentración parcelaria de Beán- Pereira. Unha asamblea que terá lugar ás 10:30 horas no local social de Beán e ás 11:30 horas no local social- escola de Pereira.

O obxectivo desta asamblea é que se elixan dous titulares e dous suplentes dos agricultores en cada unha das parroquias para pasar a formar parte da xunta local de zona desta concentración parcelaria, dada a renuncia dos que o facían ata o momento e non habendo suplentes que os substitúan.

Tal e como informaron dende o Concello a válida constitución da asamblea require a asistencia da metade máis un dos propietarios residentes na zona.

*