lunes, 14 de noviembre de 2011

O POS da Deputación mellorará a rúa do Ceidón e a pista de Souto de Zar en Pereira

A inclusión destas obras foi consecuencia dunha moción do BNG aprobada polo pleno no mes de setembro

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, amosou hoxe a súa satisfacción porque a proposta de actuacións para o Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial (POS), inclua a urbanización da rúa do Ceidón e a pavimentación e mellora da pista de Souto de Zar-Ponte de Guindiboo na parroquia de Pereira. A inclusión destas obras, informan dende o BNG de Ordes, foi consecuencia dunha moción dos nacionalistas aprobada o pasado mes de setembro polo pleno da corporación municipal.

Estas propostas serán definitivamente aprobadas no pleno do vindeiro xoves, 17 de novembro, incluindo un investimento de 143.000 euros para a urbanización do Ceidón e perto de 30.000 euros para a as actuacións na parroquia de Pereira.

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Hai tres anos anunciouse o inicio das obras de abastecemento e urbanización da rúa do Ceidón, no barrio do Paraiso, e pasado ese tempo esta zona continua nun estado de total abandono, facéndose totalmente intransitábel e enchéndose de lama cando chove, o que está a ocasionar numerosos problemas aos veciños que residen nesta zona”

"Respecto á parroquia de Pereira, era moi necesario incluir estas actuacións no POS para rematar co estado de absoluto abandono e deterioro no que se atopan estas pistas, o que está a causar un grave perxuicio e molestias aos veciños desta parroquia”

*