Foron cincuenta os traballos presentados que estarán expostos na Biblioteca Municipal ata as festas do Nadal
Dende hoxe e ata pasadas as vindeiras festas de Nadal a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá a exposición de todos os traballos presentados no Concurso de Debuxo Infantil 'Non tires os chicles nin os papeis ao chan', organizado polo Concello a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible.
En total foron cincuenta os traballos presentados a este certame, entre os presentados na convocatoria libre e os pertencentes aos alumnos de todas as escolas unitarias do municipio que quixeron ser partícipes desta iniciativa.
Exposición na rede
Todos aqueles que queiran ver os debuxos realizados polos máis pequenos de Ordes poderán facelo visitando a biblioteca no seu horario habitual de apertura. Ademais os traballos presentados tamén se poden consultar na rede, concretamente na páxina web do Concello www.concellodeordes.com e no perfil de facebook “Medio Ambiente Ordes”.