A Asociación contra o Cancro de Ordes a celebra o próximo sábado para recadar fondos
Máis información: Emilia Vázquez (638 61 73 02) ou Carmen Iglesias (696 13 62 65)
A delegación da Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC) en Ordes celebrará o próximo sábado, 12 de novembro, unha cea benéfica dirixida a recadar fondos para financiar as actividades desta entidade sen ánimo de lucro.
A presidenta da delegación local da Asociación contra o Cancro en Ordes, Emilia Vázquez, anima ao conxunto dos veciños deste municipio e dos concellos veciños a tomar parte nunha actividade sen ánimo de lucro, pensada para “incrementar os recursos económicos dunha entidade que presta un servizo desinteresado na loita contra o cancro a partires dun enfoque múltiple que abrangue desde a concienciación social orientada á prevención da enfermidade, ata o apoio aos pacientes e as súas familias e, incluso, o financiamento de programas de investigación”.
A cea benéfica contará coa asistencia da presidenta provincial da Asociación Española contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro. O acto celebrarase no Restaurante El Túnel, cun prezo de 25 euros por comensal. Os interesados en participar nesta cea benéfica poden efectuar a reserva e adquirir os vales correspondentes no propio restaurante.
A organización tamén habilitou unha “Mesa Cero” para aquelas persoas que desexen colaborar economicamente coa Asociación española contra o Cancro aínda que non asistan á cea. Os participantes na cea benéfica participarán no sorteo dunha fin de semana nun balneario por xentileza de Viaxes Cristín (Avenida de Alfonso Senra 135, baixo).
Para máis información contactar con Emilia Vázquez no teléfono 638 61 73 02 ou con Carmen Iglesias no 696 13 62 65.
*