O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de novembro
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible organiza, en colaboración coa plataforma de Voluntariado Galego da Consellería de Traballo e Benestar, un curso de voluntariado que leva por título “Xestión de proxectos de voluntariado”.
O curso terá lugar o venres 25 de novembro de 16:15 a 20:15 horas e o sábado 26 de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As clases impartiranse na sala de conferencias do Punto de Encontro de Ordes (baixos da Alameda).
O prazo de inscrición xa está aberto ata as 14:30 horas do día 18 de novembro debendo realizarse ou ben na web www.voluntariadogalego.org ou no departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes situado no primeiro andar da Casa Consistorial, onde tamén se poderá recibir máis información ao respecto ou chamando ao 981680002. O curso é gratuíto e a modalidade é presencial.
Contidos do curso
Módulo 2. A acción voluntaria como proxecto
Módulo 3. Áreas clave de traballo na xestión do voluntariado
Módulo 4. A construción de equipos de voluntariado no marco dun proxecto
Módulo 5. Recomendacións aplicables á xestión de calquera proxecto de voluntariado
Módulo 6. Bibliografía e webgrafía de referencia