sábado, 8 de octubre de 2011

Carrasco: "Se corrixe unha inxustiza coa nova taxa de recollida de lixo"

Pedro Carrasco, concelleiro do PP de Ordes.
O PP do PP de Ordes consigue reducir ao mínimo a taxa por recollida de lixo dos baixos desocupados



O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que coa entrada en vigor das novas ordenanzas fiscais, os baixos desocupados do Concello de Ordes pagarán só 6,33 euros ao mes en concepto de recollida de lixo, en lugar dunha taxa que ata o de agora oscilaba entre os 22,24 euros en zona urbana para os de menos de 200 metros cadrados e os 44,28 euros para os dunha superficie superior, tamén en zona urbana. Os baixos situados en zona rústica pagarán 3,15 euros, mentres que a  tarifa anterior se situaba entre os 17,10 e os 34,21 euros. Esta reducción é consecuencia dunha emenda presentada polo grupo municipal do Partido Popular de Ordes no Pleno celebrado onte venres e que foi aprobada por unanimidade.

O responsable da emenda, o concelleiro popular Pedro Carrasco, sinala que a presentación desta iniciativa é consecuencia da sucesión de queixas que lles veñen formulando os titulares dos baixos desocupados, que consideraban inxusto ter asignada a mesma taxa que os locais que acollen algún tipo de actividade económica. Así, a partir de agora, a taxa aplicable aos baixos desocupados será a mínima, semellante á das vivendas.

Proposta dos afectados
Carrasco recorda que, como consecuencia da intensidade da crise económica que afecta a Ordes, son moi numerosos os baixos que permanecen desocupados e apunta que sería inxusto aplicar a mesma taxa aos que teñen actividade, e xeran lixo, que pos que permanecen pechados e sen ocupación algunha.

A reducción da taxa de recollida de lixo para os baixos desocupados foi aprobada no mesmo pleno extraordinario no que o Grupo de Goberno conseguíu sacar adiante a Conta Xeral de 2010. Neste punto, o PP optou por absterse, unha actitude que os populares definen como "responsable" coa que, a pesar de non compartir, "por nefasta", a xestión municipal, os populares ordenses tratan de evitar "novos perxuizos para os veciños, dado que de non aprobarse a a Conta Xeral o Concello se podería ver privado de acceder axudas futuras".

*