A mostra pode visitarse no primeiro andar da Casa do Concello en horario de mañá ata o 4 de novembro
A Casa do Concello de Ordes acolle ata o vindeiro día 4 de novembro a exposición “Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible”, unha mostra cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
A mostra está composta por catorce paneis informativos nos que se explica toda a problemática ambiental producida a causa do afundimento do petroleiro Prestige, así como as tarefas de limpeza do fuel, a marea negra e outra serie de cuestións relativas a este tema. Os paneis veñen acompañados ademais cunha maqueta do petrolero e outra ilustrativa das aves danadas por esta marea negra.
Todos aqueles que estean interesados en visitar a exposición poderán facelo no primeiro andar do edificio da Casa do Concello ata o 4 de novembro de luns a venres en horario de 08:00 a 15:00 horas.
*