O venres 7 ás 22:00 horas no bar Calviño de Pontepedra (Tordoia)
O grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes continúa un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes.
Este venres, 7 de outubro comeza a cuarta tempada que se celebrará no bar Calviño da Pontepedra (Tordoia), a partires das 22:00 horas.
Nesta ocasión contarán ca presenza do mestre gaiteiro, artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos, Evaristo de Sofán, quen aos seus 78 anos continúa en plena forma. Despois dará paso á Foliada na que poden participar os músicos e grupos que o desexen.