jueves, 13 de octubre de 2011

Dios ke te crew, profesores de hip hop

A banda de rap participará nun programa promovido polo Concello de Ordes e dirixido a rapaces de entre 12 e 18 anos

Aberto o prazo de inscripción

Un obradorio de hip hop dará o pistoletazo de saída este sábado 15 de outubro ao programa promovido polo Concello de Ordes “Enrolarte en Igualdade”. Un obradoiro que se desenvolverá os días 15, 22 e 29 de outubro na Casa da Cultura e que será impartido por integrantes do recoñecido grupo de música local Dios ke te crew.

A actividade, ao igual que o resto que están deseñadas dentro deste programa, está dirixida a rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Todos aqueles que estean interesados en participar todavía se poden inscribir  no Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes en horario os luns de 09:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e de martes a venres de 09:00 a 15:00 horas, ou chamando ao 981680002. Tamén poderán recibir máis información a través da dirección de correo electrónico cim@ordes.dicoruna.es ou no perfil de facebook www.facebook.com/concellodeordes .

Podes ver a pasada actuación de Dios ke te crew na festival Reperkusion 2011 facendo clib baixo estas liñas:


Outras actividades
Ademais do obradoiro de hip hop este programa municipal incluirá outras actividades en diferentes datas que serán as seguintes:

- Obradoiro de Cómic- 21 e 28 de outubro
- Vídeo Relato: 4, 5 e 12 de novembro
- Obradoiro de Cociña Creativa (Unha cea especial): 18 de novembro
- Gymkana (Supervivencia no fogar) e clausura das actividades: 19 de novembro.

O programa “Enrolarte en igualdade”, promovido polo Concello  de Ordes, ten como finalidade concienciar e sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero existentes e fomentar actitudes igualitarias. Esta iniciativa forma parte do programa “Educar en igualdade”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e polo Fondo Social Europeo.

As actividades terán lugar na Casa da Cultura de Ordes diferentes venres e sábados dos meses de outubro e novembro en horario de 18:00 a 21:00 horas. Os requisitos para poder inscribirse será ter entre 12 e 18 anos no momento da inscrición ou estar cursando a ESO ou Bacharelato. O número de prazas ofertadas para cada obradoiro é limitado polo que a admisión se fará por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os rapaces e rapazas empadroados/-as no Concello de Ordes. Os interesados en participar poderán inscribirse en calquera dos obradoiros. A inscrición é totalmente gratuíta.

*