O Concello de Ordes oferta un amplo programa de actividades para a terceira idade do municipio
Un ano máis o Concello de Ordes ten preparado un amplo programa de actividades para o disfrute dos máis maiores do municipio. Trátase de actividades dirixidas á terceira idade que está previsto se celebren durante os vindeiros meses de novembro, decembro e xaneiro.
Nesta ocasión ofértanse clases de ximnasia, memoria e manualidades. Todos aqueles que estean interesados en participar poderán recibir máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello, situado nos baixos da Alameda.
O prazo de inscrición nestas actividades estará aberto dende o 17 ao 24 de outubro, tendo que presentar cuberta a ficha de inscrición xunto a unha fotocopia do DNI. Para a celebración dos cursos requerirase un mínimo e un máximo de participantes e as prazas asignaranse por orde de inscrición.
*