lunes, 10 de octubre de 2011

Martínez Sanjurjo asistiu á convención nacional do Partido Popular en Málaga

O ordense José Luis Martínez Sanjurjo, o primeiro pola esquerda da primeira fila.

O ordense asistiu á maioría das ponencias e tomou parte en varios obradoiros de traballo

"Rajoy ten o programa e as persoas necesarias para sacar a España da crise na que nos sumiu Zapatero"

Martínez Sanjurjo e o alcalde de Madrid, Ruiz Gallardón.
O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, participou, desde o pasado xoves, na Convención Nacional organizada en Málaga pola formación que dirixe Mariano Rajoy.

Martínez Sanjurjo aproveitou a súa participación na convención para manter contactos con diferentes dirixentes nacionais e rexionais desta organización política, como o alcalde de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón; o presidente do PP do País Vasco, Antonio Basagoiti; e tamén con deputados autonómicos e conselleiros da Xunta de Galicia que se deron cita na capital malagueña.

Xuntanzas e obradoiros
O ordense, que asistiu á maior parte das intervencións e tomou parte en varios obradoiros de traballo, regresou convencido de que o Partido Popular liderado por Mariano Rajoy “ten o programa e as persoas necesarias para sacar a España da crise na que nos sumíu Zapatero”. Nestes días de convención, o voceiro municipal do PP ordense tamén tomou parte en xuntanzas sectoriais, con responsables comarcais e provinciais do PP de A Coruña, dirixidas a ultimar os preparativos da próxima campaña das eleccións lexislativas do 20 de novembro.



*