O socialista considera que “os recortes da Xunta supoñen un ataque ás políticas sociais municipais e a imposibilidade dos concellos para afrontar estes servizos”
O investimento do Goberno autonómico, segundo o socialista, pasa dos 80.000 aos 9.000 euros
O concelleiro socialista Xesús Pedreira vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario en Ordes diante dos recortes aplicados pola Xunta de Galicia no Plan Concertado, que no caso do Consorcio de Ordes ascenden ao 98,87%. Un pleno urxente e non retribuido que tería lugar o mércores 2 de novembro e cun único punto na orde do día: analizar as consecuencias dos recurtes no Plan Concertado para os servizos sociais municipais de Ordes.
Neste sentido, Xesús Pedreira exemplifica que o investimento no Plan Concertado para o Consorcio de Ordes pasará dos 80.000 aos 9.000 euros, o que supón un descenso do 98,875%. Os recurtes aplicados pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais que afectarán a distintos programas e servizos, entre os que figuran algúns tan importantes como os programas de axuda a domicilio, as actividades extraescolares, as actividades conciliación, os programas de cooperación social e outros.
Así mesmo, o concelleiro socialista tamén lle solicitou ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, a convocatoria urxente e extraordinaria do máximo órgano entre asembleas que substitúa ao Consello Federal de FEGAMP, así como á súa Comisión Executiva, para tomar unha posición sobre esta cuestión.
O edil socialista, Xesús Pedreira. |
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro do PSdG-PSOE de Ordes
“Na práctica, isto podería supoñer a imposibilidade absoluta para concellos como o de Ordes para afrontar servizos importantísimos para os veciños e veciñas, uns servizos que son irrenunciables para o benestar dos ordenses”.
“Os recortes aplicados polo Goberno da Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Servizos Sociais ao Plan Concertado supoñen un ataque frontal ás políticas sociais municipais”.