O lema do concurso é "Non tires os chicles nen os papeis ao chan" e está dirixido a nenos e neas de 3 a 12 anos
Poderás presentar a túa obra antes do 28 de outubro na Casa do Concello
O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, convoca un concurso de debuxo dirixido aos máis pequenos do municipio, o I Concurso de Debuxo Infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”.
O certame está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os participantes deberán presentar un debuxo relacionado coa temática “imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación”, admitíndose tan só un debuxo por participante.
O prazo de entrega dos debuxos permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de outubro e deberanse entregar no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible, situado no primeiro andar da Casa do Concello en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas. Haberá un premio sorpresa para o mellor debuxo de cada unha das idades participantes. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 4 de novembro.
Os participantes deberán realizar o debuxo nunha cartulina tamaño A4 e a técnica usada será libre. No reverso da cartulina deberán figurar o nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto.