viernes, 28 de octubre de 2011

Aberto o prazo para os cursos de informática de Ordes

Trátase de dous cursos de Windows XP nivel medio e avanzado

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo de inscrición para dous cursos de informática enmarcados dentro do Circuíto Deportivo e Cultural que o consistorio organiza para o vindeiro trimestre. Concretamente, trátase dun curso de Windows XP nivel medio e outro de nivel avanzado. As clases de nivel medio está previsto que se celebren os luns e mércores de 19:00 a 21:00 horas e as de nivel avanzado os martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas.

Todos aqueles que estean interesados en participar nestes dous cursos poden realizar a súa inscrición no departamento de Cultura, situado no primeiro andar da Casa do Concello, en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas, onde tamén poderán recibir máis información.

Windows XP e internet
Por outra banda a vindeira semana darán comenzo outros dous cursos de informática, neste caso un de iniciación a Windows XP que terá lugar os luns e venres de 19:00 a 21:00 horas, e outro de iniciación a internet os martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas na aula de informática da Casa da Cultura. En total serán máis dunha vintena de veciños os que participen nestes cursos, enmarcados tamén no Circuíto Deportivo e Cultural programado polo Concello para este trimestre.

Ao finalizar os cursos entregarase aos participantes un diploma acreditativo e todo o material cos contidos abordados no mesmo.

*