lunes, 3 de octubre de 2011

Os voluntarios verdes de Ordes recolleron máis de 200 quilos de lixo do río Mercurín


A iniciativa estivo enmarcada dentro do “Proxecto Ríos” promovido por Adega

O grupo de voluntarios inscritos no programa do Concello de Ordes “Voluntariado Verde”, recolleron onte pola mañá máis de 200 quilos de lixo na limpeza de parte do río MercurínConcretamente tratouse da limpeza do tramo urbano do río, na que se encontraron dende matrículas e outros aparellos de automóbiles, patinetes, xoguetes, vidro, ferralla e demais tipos de residuos.


IV Limpeza
Na iniciativa, enmarcada dentro da IV Limpeza Simultánea de ríos promovida por Adega, participaron un total de sete voluntarios, entre eles o concelleiro de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello de Ordes, José Luis Gómez Candal e a concelleira do BNG, Montserrat Rey. 

*