A Deputación Provincial da Coruña asinou esta mañá un convencio de colaboración co Concello de Ordes no que compromete unha axuda de 45.000 euros para contribuir a financiar o funcionamento do Grumir local durante 2011 co que poder ofrecer resposta inmediata ás diferentes emerxencias que se podan producir no termo municipal.
A raíz deste comunicado, o portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, valorou hoxe positivamente a decisión da Deputación e informa que adoptará unha "actitude vixiante" para asegurar que "esta axuda se destine á finalidade para a que foi concedida, evitando que o Concello poda facer un uso anómalo deses fondos".
O PP local considera que a concesión desta axuda ao Concello de Ordes evidencia o “exquisito comportamento institucional do Partido Popular alí onde goberna, como sucede neste caso na Deputación Provincial da Coruña”.