Este curso proxectaranse as películas Enredados, Grupo Tigre e Los pingüinos del señor Popper
A Mancomunidade de Municipios de Ordes vai ampliar o seu programa de educación en valores “Cinensino” aos nenos de 4º, 5º e 6º de primaria que estudan nalgún dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo). Deste xeito, o programa incluirá a nenos e nenas de entre 8 e 11 anos, que se sumarán aos 313 rapaces de entre 12 e 14 anos que participaron nel durante o pasado curso escolar.
Tres filmes
Para este curso 2011-2012, “Cinensino” escolleu tres filmes. O primeiro é unha película de animación, Enredados, que actualiza o conto de Rapunzel e é escollido como exemplo de cómo acadar as metas co propio esforzo. A película xuvenil Grupo Tigre foi escollida como exemplo do traballo en grupo fronta a calquera adversidade; mentres que a comedia Los pingüinos del Sr. Poper levará o debate en torno ao valor da amizade e da familia.