O nacionalista acusa ao portavoz popular de non acudir ao pleno por asistiren a un "acto propagandístico" en Málaga
Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, saiu hoxe en resposta dos argumentos esgrimidos polo PP de Ordes para xustificar que facilitasen a aprobación da Conta Xeral de 2010.
En primeiro lugar, o portavoz do BNG manifestou que o PP “minte descaradamente cando afirma que se necesita a aprobación da Conta Xeral polo Pleno para evitar que Ordes perda subvencións, o único que pode determinar a perda de transferencias doutras Aministracións é non ter elaborada a liquidación orzamentaria, mais non que sexa rexeitada polo Pleno”.
Para Castro “o PP pretende engañar aos veciños, porque esquece que o Concello pode remitir a liquidación da Conta Xeral ao Tribunal de Contas, ainda que ésta fose rechazada polo Pleno, se está informada favorábelmente pola Comisión Especial de Contas do Concello, cousa que sí acontecía neste caso”. O portavoz do BNG afirmou que “así ten acontecido nos últimos anos en numerosos concellos galegos, e incluso en concellos doutras zonas do Estado da importancia, por exemplo, do Concello da cidade de San Sebastían”.
Pinza UxO-PP
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o PP coas súas mentiras intenta ocultar o que todos os veciños pudieron ver no último Pleno, que existe unha pinza UxO-PP para evitar que se depuren responsabilidades políticas por unha xestión do diñeiro público, por parte do alcalde e o seu goberno, que a propia intervención municipal evidencia como caótica e irresponsable”.
O portavoz nacionalista salientou que “esta pinza UxO-PP ten facilitado a aprobación dunha Conta Xeral totalmente irregular, xa que a propia intervención municipal advirte da existencia de 1,3 millóns de euros de gasto non contabilizados nos Orzamentos de 2010, o que fai sospeitar da existencia dunha dobre contabilidade no Concello de Ordes”.
Para Castro “o que é indiscutíbel é que o PP ao facilitar a aprobación da Conta Xeral de 2010, avalou unha xestión máis que sospeitosa dos recursos públicos por parte do alcalde de Ordes, tal e como se deduce do contido do informe elaborado pola intervención municipal”.
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“O PP fai gala dun cinismo sen límites cando afirma que facilitou a Conta Xeral pola súa suposta preocupación polos veciños, cando o propio portavoz municipal do PP deixou de asistir a este Pleno tan importante porque preferiu acudir a un acto propagandístico do seu partido”.
“Resulta moi difícil de crer esa preocupación do PP polo veciños de Ordes, cando se aliou co alcalde no Pleno para evitar que se aprobasen as propostas do BNG que beneficiaban nas Ordenanzas Fiscais a desempregados e a persoas con pensións mínimas”.