lunes, 24 de octubre de 2011

Aos rapaces de Ordes lles gusta a banda deseñada e o hip hop

Un grupo de participantes no obradoiro de banda deseñada do programa Enrolarte en Igualdade.

O programa Enrolarte en Igualdade pon en marcha diferentes actividades para os adolescentes ordenes

O Concello de Ordes puxo en marcha o programa “Enrolarte en Igualdade” coa celebración dos primeiros dos obradoiros previstos. Así o pasado venres tiña lugar un obradoiro de banda deseñada e o sábado outro de hip hop, obradoiros dirixidos a rapaces de entre 12 e 18 anos e que terán continuidade en diferentes datas deste mes de outubro e o vindeiro de novembro.

En canto ás datas das actividades que todavía quedan por celebrar serán as seguintes:
- Obradoiro de hip hop (Batalla de galos e galiñas)-  29 de outubro.
- Obradoiro de banda deseñada-  28 de outubro
- Vídeorrelato: 4, 5 e 12 de novembro
- Obradoiro de cociña creativa (Unha cea especial): 18 de novembro
- Gymkana (Supervivencia no fogar) e clausura das actividades: 19 de novembro.

As actividades terán lugar na Casa da Cultura de Ordes en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Podes incribirte
Todos aqueles que estean interesados en participar todavía poden inscribirse no Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes en horario os luns de 09:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e de martes a venres de 09:00 a 15:00 horas, ou chamando ao 981680002. Tamén poderán recibir máis información a través da dirección de correo electrónico cim@ordes.dicoruna.es ou no perfil de facebook www.facebook.com/concellodeordes .

Os requisitos para poder inscribirse será ter entre 12 e 18 anos ou estar cursando a ESO ou Bacharelato. O número de prazas ofertadas para cada obradoiro é limitado polo que a admisión se fará por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os rapaces e rapazas empadroados/-as no Concello de Ordes. Os interesados en participar poderán inscribirse en calquera dos obradoiros. A inscrición é totalmente gratuíta.

*