lunes, 10 de octubre de 2011

O ordense que puido ser presidente da Xunta de Galicia

Antonio Castro García / Foto: Arquivo El Correo Gallego.
Onte morreu en Compostela un ilustre ordense, Antonio Castro García


En xuño de 1981 fora tanteado para encabezar as listas de AP ao Parlamento de Galicia que gañara Fernández Albor

Onte morría en Santiago aos 86 anos o xurista nacido en Ordes, Antonio Castro García. Foi alcalde de Santiago de Compostela entre 1974 e 1979, e posteriormente, presidente do consello de administración da editorial Compostela, empresa editora do xornal El Correo Gallego.


Tres candidatos
O que  moitos non saben é que este ordense puido haberse convertido en candidato de Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas da nosa historia, acontecidas o 20 de outubro de 1981. A comezos do verán dese ano, a Alianza Popular de Xosé Luis Barreiro e Manuel Fraga andaba na procura dun candidato a encabezar as listas pola provincia de A Coruña.


Luis Ortiz, vicepresidente de AP en Galicia entrevistara a tres candidatos para o posto: Antonio Garcia, Clemente González Peón, e Xerardo Fernández Albor. Ningún os tres prosperou, ainda que este último nome sería recuperado, logo da providencial intervención do xornalista Augusto Assía e a súa dona, Totora Fernández-España, grandes amigos do noso concello aos que eran moi frecuente ver xantar no Bar Juanito. Aquel encontro tivera lugar nunha comida na Casa Grande da Xanceda (Mesía),  a apenas uns dez quilómetros de Ordes.

Algún día contaremos esta fabulosa historia que aconteceu ás portas do concello de Ordes e posibilitou que o doutor Fernández Albor encabezara, por sorpresa e no último día, as listas electorais de Alianza Popular fai agora trinta anos.

Descanse en paz, Antonio Castro García.

*