Trátase dun programa de fomento da conciliación da vida laboral, familiar e persoal dos veciños
A iniciativa, financiada cunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade e o FSE, consistirá na dinamización e consolidación do Banco do Tempo do Concello
O Concello de Ordes, a través do departamento de Xuventude, pon en marcha un novo programa dirixido aos veciños do municipio. O programa consiste na dinamización e consolidación do Banco do Tempo do Concello de Ordes.
O proxecto consiste nun sistema de intercambios de servizos por tempo, en lugar de cartos, permitindo intercambiar todo tipo de servizos ou actividades gratuítamente con outras persoas, utilizando como moeda simbólica o tempo, o que tamén fomenta as relacións sociais e de igualdade entre a veciñanza, independentemente das súas diferencias socioeconómicas.
Tal e como explicou o concelleiro de Xuventude do Concello de Ordes, Roberto Iglesias, con esta iniciativa preténdese poñer en marcha unha ferramenta para mellorar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, principalmente das persoas con fillos ou persoas maiores e/ ou dependentes ao seu cargo, así como fomentar a solidaridade veciñal, as relacións interxeracionais e o compromiso social.
O proxecto abarca un estudo de viabilidade técnica, económica e temporal, que permita valorar as necesidades e demandas da poboación de medidas de conciliación destas características.
A participación está aberta a todo tipo de persoas residentes en Ordes, sendo o único requisito contar con interese en intercambiar actividades ou coñecementos por tempo, sendo estas do máis diversas, dende
tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías, axudas coas tarefas escolares, realización de tarefas domésticas, axuda para a realización de xestións de índole administrativa, labores de compaña, coidar animais durante viaxes ou mesmo masaxes e perruquería.
Este proxecto conta coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM).
Para inscribirse no proxecto ou facer consultas, pode chamar ao número de teléfono 981 680002 en horario de 9 a 15 horas no CIM, así como escribir ao enderezo electrónico: bdt@ordes.dicoruna.es. Tamén se pode obter máis información nas redes sociais de facebook e twitter do Concello de Ordes e Radio Ordes.