Foron as tendas de moda Kyrie e As Puntadas, e a floristería As Mimosas
O alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Industria e Comercio, Xosé Manuel Tobío, fixeron entrega esta mañán dos premios da primeira edición do Concurso de Escaparates do Nadal do Concello de Ordes, que está dotado con 1.000 euros en premios.
A gañadora dos 500 euros de premio foi a tenda de moda Kyrie, propiedade de Sandra María Salgado Uzal e María Pilar Botana Uzal. O segundo clasificado -350 euros- foi outra tenda de moda, As Puntadas, propiedade de Álvaro González Couselo, aínda que a elaboración do escaparate correu a cargo de Ana Lozano Sánchez, que tamén asistíu á entrega do galardón. Finalmente, a floristería As Mimosas, de Noelia Pedrouzos Sande, completou a lista de gañadores co terceiro premio -150 euros-.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O nivel dos participantes foi moi grande. Esperamos que para o ano que vén haxa máis participantes e podeamos dar a coñecer a calidade do noso comercio non só en Ordes senón tamén no resto da comarca"
A frases de Xosé Manuel Tobío
"Dende o Concello estamos traballando en diversas ideas para dinamizar o sector comercial ordense. Actividades como o concurso de escaparates son un grao máis de area que estamos xuntando"
.
Fotos. De arriba a abaixo, (1) Os gañadores do I Concurso de Escaparatismo co diversos membros de goberno ordense encabezado polo seu alcalde, Manuel Regos. (2) O alcalde Manuel Regos coas gañadoras da tenda Kyrie, Sandra María Salgado e María Pilar Botana. (3). José Manuel Tobío con Alvaro González e Ana Lozano, de As Puntadas. (4) A concelleira Ana María Alvarez coa propietaria da floristería As Mimosas, Noelia Pedrouzos, terceiro premio.
.