.
O WiMAX será inaugurado mañá polo alcalde, o delegado da Consellería de Innovación, e a directora xeral de Promoción Industrial
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, e o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, José Luis Barcia, inaugurarán mañá xoves 29 de xaneiro, ás 17 horas, a rede sen fíos WiMAX que dará cobertura ao parque empresarial de Ordes. A empresa R comentará os servizos e fará unha demostración da conexión.
Según informa o Concello, ao acto asistirán membros da corporación municipal de Ordes e a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela Martínez.
Tamén o BNG de Ordes confirmou a presenza na inauguración da parlamentaria Ana Pontón, e do xerente da Galicia Calidade, Ignacio Louzao acompañando ao portavoz municipal, Gonzalo Castro.
*