O pedirán formalmente no Pleno do vindeiro luns 2 de febreiro
Recouso: "O Concello debe defender o medio ambiente e a saúde dos seus veciños"
O Bloque Nacionalista Galego de Ordes solicitará no Pleno que se celebrará o vindeiro luns, 2 de febreiro, que o Concello de Ordes se persone como acusación popular no xuizo aberto polo Xulgado de Instrucción número 1 da Coruña polos vertidos de lixiviados no río Lengüelle.
Contaminación con risco para a saúde
O concelleiro Ramiro Recouso salientou que o vertido de lixiviados constitue unha contaminación con especial risco para a saúde das persoas, mais ainda no caso de vertidos producidos nos cursos fluviais polas elevadas posibilidades que teñen de incorporarse á cadea alimenticia e afectar directamente ás persoas, debido á filtración aos acuíferos.
Polo momento, segundo informa o grupo municipal, na investigación polo presunto delicto ecolóxico hai oito imputados: seis técnicos de Danigal -a empresa que xestiona o vertedoiro de Areosa-, o xefe da Área Técnica de Sogama e o ex conselleiro delegado -número dos da sociedade e máximo representante de Fenosa-. Estar personado no proceso xudicial, permitiría ao Concello ter acceso e poder participar en todos os interrogatorios, documentación e calquera dilixencia que se practicase.
O xulgado abriu a investigación por delicto ecolóxico -penado con até seis anos de cárcel e inhabilitación profesional-, cando os veciños de Areosa descubriron unhas 3.000 troitas mortas no río Lengüelle, supostamente debido á fuga de lixiviados procedentes do basureiro de Areosa, onde se acumulan miles de toneladas de basura que exceden, segundo Recouso, “a capacidade de tratamento da planta de Sogama, provocando a continua contaminación do curso fluvial do Lengüelle”.
Que é a acción popular?
Trátase dun dereito dos cidadáns recollido da propia Constitución Española, no seu artículo 125. Se trata dunha acción para a defensa de intereses colectivos, como poidera ser neste caso enunciado polos nacionalistas ordenses. Pese a ser un dereito constitucional que non require da necesidade de acreditar un interés lexítimo senón que está aberto a todos os cidadáns, perxudicados ou non polo delito, di a xurisprudencia que somentes a "temeridade ou a mala fe" poderían ser circunstancias que limitarían a súa personación. Tanto é así que o propio grupo municipal do BNG, Adega ou mesmo calquera colectivo ou particular, podería presentar escrito xudicial.
A frase de Ramiro Recouso, concelleiro de Ordes
"O río Lengüelle discurre, con posterioridade ao seu paso polo vertedoiro da Areosa, por dúas parroquias ordenses, Parada e Montaos, polo que os vertidos de lixiviados están a poñer en perigo a saúde de moitos veciños de Ordes, o que xustifica que o Concello se personase no xuizo como acusación popular"
*