jueves, 8 de enero de 2009

Arrincan os 'venres saudables' da man de Suso Pedreira

.
O primeiro coloquio desta iniciativa terá lugar mañá, ás 20.30 h na Casa da Cultura de Ordes

No marco da iniciativa promovida polo Concello, a Casa da Cultura acollerá mañá, venres, 9 de xaneiro, ás 20.30 horas a primeira xornada dos “Venres Saudables”, unha iniciativa coa que se pretende achegar aos veciños e veciñas de Ordes todos aqueles temas relacionados co coidado da súa saúde.

A primeira destas xornadas consisitirá nunha charla-coloquio titulada “Hábitos saudables e doazón de órganos”, na que participarán Cristina Nieto, nutricionista; Jesús Pascual, presidente de AGEDO (Asociación Gallega de Enfermos por la Donación de Órganos); e José Ramón Seijas, vicepresidente de AGEDO.

Co coloquio deste venres ábrese un intenso programa de conferencias que incluirá temas como o autismo, a diabetes, a hipertensión ou os coidados a persoas con deficiencias mentais, así como todos aqueles que poidan ser suxeridos polos veciños.

A frase de Xesús Pedreira
"Quérese ofrecer información e formación a todos os que acudan á xornada buscando sempre dar consellos prácticos que podan ser seguidos polos participantes, tratando todos aqueles temas que preocupen aos nosos veciños e nos que poidamos ofrecerlles unha información de calidade e útil”.