jueves, 29 de enero de 2009

Regos, Veiguela e Barcia Picos danlle ao ON do WiMAX

.
Regos: "Con esta solución permitiremos mellorar a competitividade das empresas"

O alcalde amosouse "moi agradecido" á Consellería de Innovación e Industria

O alcalde Manuel Regos xunto á directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela Martínez; o delegado provincial da Consellería de Innovación e Industria, José Luis Barcia Picos inauguraron esta tarde oficialmente a rede WiMAX no polígono industrial de Ordes que dende esta mesma tarde xa dá cobertura ao parque empresarial ordense, e que permitirá, segundo o alcalde ordense, “mellorar a competitividade das nosas empresas”. O propio alcalde amosouse moi agradecido ao conselleiro Fernando Blanco pola colaboración ofrecida pola seu Consellería de Innovación e Industria na posta en marcha deste servizo.

Agradecimentos a Tobío e Ana Álvarez
O alcalde tamén agradeceu o traballo realizado por toda a corporación municipal e, especialmente, polo actual concelleiro de Industria, José Manuel Tobío, e a súa predecesora no cargo, Ana Álvarez. “Eles foron as persoas que puxeron en marcha todo o proceso que trouxo o WIMAX a Ordes da man da Consellería de Innovación e Industria. Eles foron os que tramitaron toda a documentación pertinente, os que falaron cos técnicos e os que cederon esta parcela para a instalación desta torre”, explicou Regos Boquete.

Tamén o propio alcalde aproveitou a presena de numerosos empresarios do polígono para lembrar como coa colaboración de empresarios, comerciantes, veciños e Concello se conseguíu mellorar o subministro eléctrico ao polígono e o compromiso por parte de Unión Fenosa de investir 1,35 millóns de euros nos próximos anos para garantizar “un subministro en condicións, propio do século no que vivimos”.

Expo Ordes
Así mesmo, o alcalde ordense aproveitou para invitar aos empresarios a que participen na segunda edición de Expo Ordes, que terá lugar a finais de abril. “Estamos convencidos de que este certame é xa centro de referencia de negocios a nivel comarcal, e dende o Concello que presido seguiremos traballando para conseguir que medre aínda máis”, apunta Regos Boquete, que considera que “Expo Ordes é un perfecto escaparate para as vosas empresas”.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Hoxe culminamos un traballo que comezamos hai case ano e medio para conseguir que, coa inestimable colaboración da Consellería de Innovación e Industria, as empresas de Ordes tiverades acceso a servizos de banda ancha de calidade"

"Como alcalde de Ordes só espero que esta nova ferramenta vos sirva a vós, os nosos empresarios, para mellorar nos vosos negocios e que iso poida supoñer a xeración de máis postos de traballo e máis riqueza para todos os veciños e veciñas de Ordes"

"Aló por agosto de 2007, e cando aínda non levabamos nin dous meses á fronte deste Concello nos puxemos en contacto coa Consellería de Innovación e Industria para que o polígono de Ordes puidera contar con esta tecnoloxía WiMAX. Uns contactos que fructificaron no mes de xullo, cando eu mesmo asinei o convenio de colaboración para a implantación do WiMAX
co conselleiro Fernando Blanco"

*