Silvia Fraga naceu en Xinebra (Suíza) en novembro de 1977. Está a falta de rematar os estudos de Dereito na Universidade da Coruña -confesoume que lle faltan tres asinaturas: Dereito Mercantil II, Dereito Civil III e Historia do Dereito-. Solteira. Pero o que deslumbra en Silvia é o seu extraordinario currículum político: concelleira en Cerceda dende 2003, onde tamén foi tenente de alcalde; secretaria xeral do PSOE en Cerceda; encargada da área de política institucional de Xuventudes Socialistas de Galicia, é tamén a súa responsable de Benestar Social na comarca. Fai apenas uns días, Touriño chamou ao seu móbil –do que soa unha melodía da popular Rihana- para ofrecerlle, nin máis nin menos que o posto número 5 nas listas coruñesas ao Parlamento de Galicia. Noutras palabras: un escaño no Hórreo compostelán, salvo catástrofe socialista, garantizado. Estade moi atentos á súa labor, porque será tamén a parlamentaria socialista da nosa comarca de Ordes na lexislatura 2009-2013.
Xa todo Cerceda é consciente de que vai ter unha veciña parlamentaria?
Non todo o mundo. Si os máis cercanos, meus amigos, miña familia… Chamáronme moito para felicitarme, pero non penses que todo o mundo. De feito, iso serviume para saber tamén canta xente lee os xornais (Rí).
Ser parlamentaria vais ser como ser famosa que din que alonxa aos pretendientes?
Espero que non, aínda que os homes en xeral, que unha muller teña un posto de responsabilidade non solo a nivel político senón empresarial ou outro calquera, soelles botar para atrás, si.

Xa coñeces o Parlamento?
Si, xa estiven varias veces alí.
E daste por satisfeita con este nomeamento?
Eu xa estou moi satisfeita. Tamén xa o estaba antes. Eu aquí en política estou ao servizo do meu partido e ao servizo da sociedade para o que me requiran.
Eu xa estou moi satisfeita. Tamén xa o estaba antes. Eu aquí en política estou ao servizo do meu partido e ao servizo da sociedade para o que me requiran.
Es consciente tamén de que vas ter un moi bo soldo?
Crei que si, non sei exactamente canto. Eu sei que é bastante, máis do que gaño agora, seguro (Rí).
Crei que si, non sei exactamente canto. Eu sei que é bastante, máis do que gaño agora, seguro (Rí).
.
"O meu principal valor é o traballo"
As agrupacións socialistas de Arteixo, Ordes, Tordoia, Curtis, Fene, Carral, Sada, Culleredo, Oleiros e Cerceda propuxéronte para as listas des elecións autonómicas. Que lles das para que gustaras tanto?
A ver, deixame pensar…Curtis, Fene…si, deben ser. Toda a comarca de Coruña menos o de Cambre porque cando lle falamos xa fora á asamblea por unha cuestión de datas, e A Coruña que non propón a ninguén de fóra da Coruña. Non sei se gosto moito, pero eu creo que o meu principal valor é o traballo. Intento estar onde se me necesita. E despois importa moito e non lle escapa a ninguén que sexa xoven e que sexa muller e do rural. É un perfil moi demandado nas listas.

Ti procedes das Xuventudes Socialistas. Cantas agrupacións tedes na comarca?
Na comarca están Sada, Culleredo, Coruña, Cerceda, Cambre e Arteixo. Oleiros e Carral están a piques.
"Xuventudes Socialistas de Ordes constituiuse fai apenas uns días"
E Ordes?
A de Ordes constituiuse o outro día. Foi ademais un empeño meu dende que empezara. Costou traballo porque ao principio é difícil que a xente nova se achegue a un partido. Ordes ademáis, tivo unha vida política moi convulsa nos últimos anos pero agora empezáronse a sentar unhas bases e crear unha agrupación o cal a mín me alegra moito porque tedes unha marxe de actuación moi máis ampla de que poida ter eu aquí en Cerceda. Tedes institutos, tedes zona de marcha e se poden facer moitas cousas. Aquí non hai movida nocturna nin temos colexios.
Chama tamén a atención que ti sexas a número 5 das listas por Coruña e a túa presidenta, Loli Rodríguez Amoroso vaia a ser a séptima por Lugo. Ti entrarás no Parlamento e ela, previsiblemente, non. Iso ‘cheira’ a que lle vaian dar algún alto cargo público…
Non o sei, pero oxalá. Meréceo moitísimo por capacidade, por traballo, por valía, por todo… Eu que vou decir, é amiga miña persoal, pero independientemente diso, aínda que a xente pensé que non, na política tamén se fan amigos.
Tamén tes amigos no PP?
No PP...? Déixame pensar…creo que non (Rí). Afiliados creo que non, pero votantes si. E do BNG tamén.
Ti es galego falante das de toda a vida?
De toda a vida. Só falo en castelán por respeto e consideración cando unha persoa non me entende ou ben cando estou fora de Galicia.
"Para mín Felipe Gonzalez é como se fora Dios"
Como naceu en ti o gustillo pola política?
Desde pequeña xa. O meu pai sempre mo di de que cando tiña uns dez anos viñera por alí Fernando Martínez que foi deputado autonómico tamén, e alcalde e tenente de alcalde de Cerceda, e a partires de aí empecei a prestar atención á política. Eu veía a Felipe González e para mín era como se fora Dios. Veíao pola televisión e alucinaba. O carisma de Felipe González tirou pola motivación de moitos de nós.
Coñecíchelo?
Como convencerías a un non socialista para que vote a Touriño?
Depende do grao de non socialista que sexa (Rí) porque hai sectores que son imposibles de convencer. Agora na campaña mostraremos á xente que é o que fixemos e tamén todo o que queremos facer. Son moitas as cousas que se fixeron. Agora venme a cabeza sobre todo en materia de Medio Ambiente ou Traballo. Non debemos esquecer que antes non existía a Consellería de Traballo, da que che podo dar un dato: reduciuse o paro xuvenil nun 33 por cento. Aínda que agora, aparentemente as cousas vaian moi mal, e eu non digo o contrario, este dato é importante.
"Penso que agora estamos tocando fondo coa crise"
Ti es optimista co da crise?
(Respira hondo e ponse seria) Son cauta. Eu penso que todo o que sube, baixa e viceversa. Eu creo que agora mesmo estamos tocando fondo e penso que pouquiño a pouco se ten que empezar a recuperar España e Galicia da crise. Ademáis, as medidas adoptadas polo goberno central de momento non están tendo reflexo na sociedade. Foron moitos os cartos invertidos, pero a burocracia vai lenta, estas medidas tardan un tempo en reflexarse nos cidadáns.
E que pasa se o PSOE non goberna?
Sería bastante triste volver a retroceder en Galicia, sobre todo se gaña o Partido Popular. Nestes catro anos avanzouse moito, nom o suficiente, por eso lle pido a todos os galegos e galegas que volvan a confiar en nós porque en catro anos, arranxar a desfeita de 16 co PP pois é imposible.
.
Cantas destas noites tiveches pesadelos con Núñez Feijóo como presidente da Xunta?
(Rí). Nunca se me paso pola cabeza. Eu son moi optimista…ou realista.
(Rí). Nunca se me paso pola cabeza. Eu son moi optimista…ou realista.
A túa música favorita?
Acabo de descubrir a Pitingo e deixoume “flasheada”. E Bon Jovi de toda a vida.
Que webs de internet non podes deixar de visitar a diario?
Intento consultar os xornais, blogs de xente que me parece interesante, miro o Facebook tamén e logo a web do partido e a nosa propia.
Un libro que te marcara?
O que estou lendo agora estame calando bastante, “El libro de los abrazos”, de Eduardo Galeano.
En castelán ou en galego o libro?
En castelán.
A viaxe dos teus sonos…
Teño moitas moitas ganas de ir á Ribera Maya (Mexico) e tamén a Roma.
Un home galego a destacar?
Touriño.
E unha muller?
Mar Barcón.
Cal é o lema da túa vida?
O único que nunca erra é aquel que nunca fai nada.
*