jueves, 22 de enero de 2009

A Delegada de Medio Rural confírmalle a Castro o inicio das obras en Buscás e Vilamaior

.
Máis dun millón de euros en obras para ambas parroquias

O portavoz do BNG, Gonzalo Castro, informou de que a Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga García, confirmou nunha reunión mantida por ambos no día de hoxe, que as obras de execución da rede de camiños secundarios de ambas Concentracións Parcelarias iniciaranse nos vindeiros días, por un importe de máis de 380.000 euros no caso da de Buscás e de perto de 770.000 euros na de Barbeiros-Vilamaior.

Compromiso da Delegada
Dita confirmación constitúe o cumprimento do compromiso expresado por Olga García nas reunións celebradas recentemente cos veciños afectados polas Concentracións Parcelarias de monte destas dos parroquias.

Barbeiros-Vilamaior
Así mesmo, Castro e a Delegada, analizaron a situación derivada da falta de apertura de varios camiños na antigua Concentración Parcelaria de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que foi entregada hai máis de trinta anos sen que se, segundo os nacionalistas, "finalizasen varios dos camiños incluidos na mesma".

Con respecto a este asunto, García confirmou a Castro que na execución da rede secundaria de camiños da Concentración de monte de Barbeiros-Vilamaior, "se incluirán as obras relativas ás pistas que quedaron sen abrir na antigua Concentración de labradío", o que constituia un compromiso adquirido pola Delegada Provincial nunha reunión mantida o pasado mes de decembro cos veciños afectados por esta concentración parcelaria.

A frase de Gonzalo Castro, portavo municipal do BNG de Ordes
"É unha satisfacción que a Consellería teña cumprido o compromiso adquirido cos veciños e vaia executar a rede de camiños secundarios da Concentración de monte de Buscás e Barbeiros-Vilamaior, ademáis de solucionar o problema derivado da non apertura de varios camiños da antigua concentración de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que levaba sen solucionarse máis de 30 anos"

A frase de Lino Gaudeoso, responsable de Medio Rural do BNG de Ordes
"Desde o BNG agardamos que o Concello tome exemplo da Consellería e arranxe varias pistas pertecentes á antigua concentración de labradío de Barbeiros-Vilamaior, que son de competencia municipal desde hai máis de 30 anos, e que se atopan nun deficiente estado de conservación por parte do Concello"

Foto : Lino Gaudeoso e Gonzalo Castro nunha xuntanza con Olga García o pasado novembro.


*