Charo Fernández Vello é do Balado. Docente e nai de dous fillos, un de 19 anos –estudante de primeiro curso de Dereito en Santiago- e outro de 13. Logo de case outros tantos anos de letargo político de primeira fila, Anxo Quintana despertouna dese sono para incorporala ás listas nacionalistas do BNG pola provincia da Coruña. Ocupará o posto número 10 e será a segunda representante compostelá nas listas despois da parlamentaria é número 2, Ana Pontón. Polo momento, a profesora, quen tamén vivira por catro anos en Fene, será a única ordense presente nas listas autonómicas de todos os partidos que concurrirán ás eleccións autonómicas do 1º de marzo.
Quedamos para facer esta entrevista nunha cervexería da rúa Mediodía. Cheguei uns poucos minutos tarde e alí estaba ela co seu café con leite xa rematado e pasando as follas do boletín Be-Ne-Gá que según me confesara, acabara de recibir. Preguntoume polos meus orixes familiares. Coñecíaos. Sorprendeuse de que algúen chamado Renato fora, efectivamente de Ordes.
Vai ser esta a máis grande experiencia electoral de Charo Fernández?
Bueno, para min foi moi importante fundar o BNG en Ordes e presentarnos por primeira ou segunda vez, segundo coma se mire, porque hai que respetar tamén as cuestión históricas, por Ordes. Para min esa foi a miña pimeira gran experiencia electoral.
.
Que lembras daqueles anos?
Moita ilusión, capacidade de traballo, moito compañerismo e reunións, e moita capacidade de comunicación coa xente. De feito, daquela volta o respaldo que tivéramos fora impresionante porque conseguíramos catro concelleiros. Lembro tamén moita alegría cando os resultados sairon públicos pola televisión. Estabamos reunidos aquí nun bar moi cerca –a entrevista realizouse na cervexería Bulldog da Rúa do Mediodía- e sairon por Ordes catro concelleiros. A cousa mereceu tanto comentario que lembro a Xosé Manuel Beiras facendo mención ao concello de Ordes. Ese foi quizá, o momento máis emocionante da miña vida política.

Tamén o teu momento como concelleira en Ordes sería especialmente apaixoante …
Dende logo. Ademáis lembro que foi unha lexislatura moi intensa, con moitas propostas e moita loita social.
.
Presente en varias plataformas cidadás
Que razóns existían naqueles anos para facer política nacionalista?
Existían moitas razóns polas que moverse a sociedade, e en Ordes creáronse dinámicas moi interesantes que pensó algún día deberíanse poder recoller nalgún libro. Naquela altura foi cando se creou a plataforma en contra de Sogama. Se creou tamén a plataforma para reclamar a creación do novo instituto, tan necesario nun momento de tanta precariedade no ensino. Lembro tamén con moito cariño toda a acción social que se desenvolveu en Ordes, que é un concello que parece que ten pouca historia, pero tan tantísima historia de movemento en contra da guerra e que tivo tamén moi boa resposta social.

E quenes foron aqueles catro aventurados novos concelleiros da corporación?
Estaba o cabeza de lista, Ramiro Recouso; de número dous ía eu; de número tres Victorino Cores; e de catro foi Manolo Recouso, de Parada.
.
Que feito motivou a fundación do BNG de Ordes?
O xerme do BNG aquí foi as eleccións europeas ás que se presentou Encarna Otero como candidata, e fomos un grupo de persoas da Asociación Reintegracionista de Ordes que fumos ao seu local en Compostela a reclamar cartaces de Encarna para pegar. (Rí lembrando). Iso foi o xerme, xerme.

De que ano estamos a falar?
Ui… pois mira, cando foron as eleccións eu estaba embarazada do meu segundo fillo que ten agora 13 anos…Pois calcula trece anos para atrás –Tratáronse das eleccións ao Parlamento Europeo de 12 de xuño de 1994 e que gañara o PP encabezado por Abel Matutes. O BNG obtivera o 0,75% do sufraxio con 139.221 votos-.
.
"O BNG pelexará polas áreas representativas e de maior responsabilidade"
Hacia onde apunta o BNG nestas inminente eleccións autonómicas do 1 de marzo?
O BNG ten un proxecto mi claro de sociedade e aspira a gobernar. A nosa campaña e a nosa vontade é que o próximo presidente do goberno galego sexa Anxo Quintana. No caso de que a sociedade galega decida que a fórmula teña que ser a través dun goberno bipartido, o BNG tentará con todas as súas forzas que ese goberno se articule de xeito que a sociedade galega se vexa beneficiada e pelexará polas areas máis representativas e de maior responsabilidade. Nós pensamos que agora si estamos en condicións de asumir a responsabilidade de ser os guías do goberno galego.

Cal debe ser a clave para gobernar para todos os galegos e galegas?
O BNG sempre tivo na súa cabeza gobernar para toda a sociedade. A clave para facelo é tendo moi claros os principios: a transparencia, a democracia, pensar en políticas que beneficien á mayoría social e actuar pensando en Galiza e defendendo exclusivamente os intereses dos galegos e galegas. Isa é a gran oferta que lle fai o BNG á cidadanía galega.

Que poderán facer os parlamentarios nacionalistas no Hórreo pola nosa comarca ordense?
Realmente do que se trata é de planificar para todo o país. O progreso vai en rede, e as políticas teñen que estar pensadas e implantadas en rede. O que necesita nosa comarca é o que necesita o conxunto do noso país: máis emprego, máis benestar, máis igualdade, recursos para que a xente moza non teña que abandoar a nosa comunidade, formación… Tamén é moi importante facer políticas para mulleres, en Ordes hai un sector moi importante e representativo de mulleres traballadoras. É necesario tamén articular algún mecanismo de coordinación para os concellos e o propio goberno galego. Nese sentido o BNG ten unha experiencia qué e básica, a do Consorcio.
.
"Hai tantísimas razóns para votar ao BNG..."
Que significa realmente o que penso que xa é o 'seudolema' do BNG nesta campaña, e foi dito polo propio Quintana de que “para votar ao BNG non fai falta ser nacionalista”?
Penso que non hai que darle máis rodeos. Hai tantísimas razóns para votar ao BNG que a cidadanía pode escoller, por exemplo, a súa acertada xestión no goberno galego. Nós somos unha forza política que ten unha tradición. O BNG non xorde da nada, xorde a partires dunhas historia e un proxecto que se deseña por Castelao e que se vai actualizando a medida que vai avanzando. Penso que nesa frase de Quintana en absoluto o BNG vai renunciar aos seus postulados ideolóxicos porque o nacionalismo está centrado en Galiza, pero trástase dunha ideoloxia solidaria que entende que Galiza está no mundo. Os votantes do BNG poden participar en maior ou menor medida desa ideoloxía, pero do que si estamos seguras e seguros é de que todas e todos as galegas e galegos van querer o mellor para este país. Nese momento que se recoñecen como galegas e galegos non sei que contradicción poder haber en identificarse ou non como nacionalistas.

Se tivera que destacar un só logro do goberno nacionalista nesta lexislatura que agora remata, cal sería?
Para min o máis importante son as políticas de igualdade do BNG, pero iso non significa que isa fora a única ou a máis acertada xestión do goberno nacionalista, pero como feminista véxome na obriga de destacar a responsabilidade do BNG na área de Igualdade.
.
Dase a circunstancia de que nas listas do BNG presentadas pola provincia da Coruña os representantes da comarca compostelana sexades todas elas mulleres: a actual parlamentaria Ana Pontón; ti; a concelleira de Ames, Mercedes Vidal; e Victoria Rei, de Dodro…
Si, ainda que cando fixemos as listas eu non me decatei diso. Eu o que miraba é que foran listas cremalleira, porque é a única forma de que as mulleres poidan acceder a cargos de responsabilidade. Cando eu era concelleira aquí, era a única muller da corporación.

Que me podería contar de Ana Pontón?
Ana ten moitísima experiencia na política. É unha muller absolutamente comprometida co proxecto do BNG e penso que non vai ter ninguna dificultade en asumir novas responsabilidades. E unhá verdadeira referencia como muller nacionalista. Pódoche dicir dela que non sei cantas comisións de muller teríamos na organización durante este tempo, pero moitas, e que non faltou a unha soa. Está absolutamente comprometida tamén co feminismo. Non lembro unha soa comisión de traballo dentro do BNG que fixéramos á que non asistise Ana Pontón, sendo uha muller coas responsabilidade que tiña xa no Parlamento. Daba igual que se puxera ás 16.30 h. que as 20.30 h., ela alí sempre estaba. Desde logo, é un valor que temos no BNG.

E de Anxo Quintana?
Ten unha virtude que é ter unha gran capacidade de comunicación e ten un coñecimento moi profundo do que necesita Galiza, e unha capacidade de conectar co pobo que eu admiro. É unha persoa moi próxima.

Alfredo Suárez Canal...?
Para min o seu gran mérito é que soubo cambiar a dinámica de converter o agro dun espazo en decadencia nun espazo de acción, nunha fonte de benestar para Galiza, de tal maneira que agora é posible que agora a mocidade poida quedar no agro e vivir moi dignamente nel. Aparte de que a nivel personal, de verdade que é unha persoa encantadora.
E de Teresa Táboas?
A vivenda digna é un dereito básico da cidadanía e iso era algo que estaba esquecido. E a preocupación porque todas as persoas poidan ver cumprido ese dereito, penso que é o motor de todas as políticas de vivenda.
.
"Convido á cidadanía ao acto preelectoral de Anxo Quintana en Ordes o luns 26 de xaneiro"
Onte sabiamos que o luns 26 de xaneiro vai estar Anxo Quintana en Ordes ofrecendo unha charla. Que lle diría aos ordenses, nacionalistas ou non, para que asistiran ao acto preelectoral?
A cidadanía de Ordes xa escoitou noutras moitas ocasións a Anxo Quintana, polo que non será a primeira vez. Desta volta, a visita que nos fai é moi importante porque ten que ver coa constitución do futuro Parlamento. Escoitar a mensaxe que nos ten que trasladar Anxo Quintana penso que é fundamental. Quero animar a toda a cidadanía a que asistan a este acto para poder coñecer de primeira man cal é a mensaxe do BNG, e ninguén mellor que o candidato á Presidencia da Xunta.

De quen virá acompañado?
Estará o grupo municipal do BNG e estará tamén Ana Pontón que é realmente a candidata do BNG pola provincia e xa ten estado aquí connosco máis veces. Para mi é unha honra que veña Anxo Quintana a Ordes, e que veña Ana Pontón acompañando, pois máis aínda.
*