Dos 35 coruñeses, ningún pertence ao ensino ordense
.
Mañá venres celébrase a cuarta edición da Olimpíada Galega de Bioloxía, que terá lugar na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Na organización deste certame colaboran a Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia -COBGA-.
O comité organizador seleccionou a 76 alumnos de segundo curso de bacharelato de toda Galicia, 35 da provincia da Coruña, 33 de Pontevedra, 6 de Ourense e 2 de Lugo.
Ningún centro ordense
Dos 35 coruñeses, 10 son composteláns (Colexio Manuel Peleteiro, IES As Fontiñas, IES Pontepedriña); outros 10 coruñeses (IES Monelos, Fernando Wirtz Suárez, Paseo das Pontes e Elviña); catro de Carballo (IES Isidro Parga Pondal); outros catro de Padrón (IES Camilo José Cela);e tres de Narón (IES AS Telleiras); Cambre (IES David Buján); e Culleredo (IES Cruceiro Baleares).
Foto: Representantes galegas (abaixo agochadas) de España na Olimpíada Internacional de Bioloxía celebrada na India en 2008.
*