Un percorrido por once paneis nos explicará a importancia da meteoroloxía
Poderá ser visitada dende o luns e ata o 8 de febreiro
A Casa da Cultura de Ordes acollerá a exposición 'Descubrindo o tempo. A meteoroloxía', que explica a través dunha linguaxe sinxela e de ilustracións a importancia que a meteoroloxía ten para a humanidade e como a actividade do ser humano está a influir nos cambios climatolóxicos. Trátas dunha mostra composta por un total de 11 paneis informativos que poderá visitarse en dende este luns 26 de xaneiro, e ata o domingo 8 de febreiro.
Deste xeito, todos os que se pasen pola Casa da Cultura poderán coñecer a forza das tormentas, o por que dos cambios repentinos de tempo, a grande diversidade de climas que existen no mundo ou coñecer que instrumentos utiliza o ser humano para poder predicir o tempo.
Promovida polas Consellería e Concellería de Medio Ambiente
Esta exposición está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Ordes, e pretende dar a coñecer a importancia que a climatoloxía ten e tivo para a vida. Ao longo dos 11 paneis, a mostra afonda nos distintos tipos de fenómenos meteorolóxicos e o grao de influencia das mesmas sobre a vida na terra.
*