miércoles, 21 de enero de 2009

Os reclusos de Bonxe e Teixeiro fan fogares para os paxaros ordenses


O Concello repartirá 70 caixas-niño entre os colexios do municipio

Os rapaces serán os encargados de colocar os niños e de facer un seguemento da cría das aves

O Concello de Ordes vai repartir un total de setenta caixas-niño para paxaros entre os distintos colexios do municipio. Para a posta en marcha do proxecto, o Concello contará coa colaboración de Internaco, empresa ordense distribuidora na Península de Husqvarna e comprometida co coidado do medio ambiente.

Dez especies de paxaros poderán aniñar neles
As caixas-niño están especialmente deseñadas para a súa utilización por especies coma gorrión (común e molinero), abubela, torcecuello, papamoscas gris, herrerillo (común e capuchino), carbonero (común e garrapinos), chochín, trepador azul, agateador común, lavandeira cascadeña e roquero solitario. Isto é así polo tamaño do aguxeiro da entrada de cada caixa, que serán colgadas en árbores do municipio a unha altura de entre 3 e cinco metros.

Os rapaces encargaranse do seguemento dos paxaros durante a época de cría, que chega coa primavera, e tamén da súa limpeza cando chegue o mes de agosto. Uns niños que foron fabricados en 2008 polos reclusos das cárceres de Bonxe e Teixeiro, dentro dos seus respectivos programas de reinserción de presos.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Esta iniciativa busca que os nosos rapaces as coloquen nos lugares máis axeitados e poidan seguir o proceso de cría das aves

A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde
"Os niños que se repartirán durante as vindeiras semanas entre todos os colexios do municipio, contan cun dobre obxectivo: dotar ás aves dun lugar protexido que favorecerá a súa cría e, por outra banda, que os nosos nenos teñan a oportunidade de coñecer e coidar o entorno das aves, aprendendo así como poden ingluir de xeito positivo na natureza”

A frase de Manuel Concheiro
"Hai máis de 30 anos que temos en marcha a empresa, vendemos motoserras e estabamos obrigados a protexer as árbores e os paxaros. Estas caixas niño facilitan a cría dos paxaros insectívoros e, nas zonas onde están instaladas, non hai pragas que coman as colleitas"
*