lunes, 19 de enero de 2009

O Centro de Saúde convértese no único servizo de atención primaria da comarca

.
Xesús Pedreira: “Ordes consegue a máxima categoría, o que nos permitirá contar con todos os servizos posibles coma o Sintrom”

O Centro de Saúde de Ordes vén de recibir a confirmación da súa transformación en Servizo de Atención Primaria (SAP), polo que se converterá no “centro de referencia en toda a comarca de Ordes”, sinala o xefe de Servizo, Jacobo Laya. Deste xeito, o centro de saúde ordense pasa de ser unha Unidade de Atención Primaria (UAP) a converterse en Servizo de Atención Primaria, a única existente na comarca de Ordes.

Uns servizos que se sumarán a outros xa implantados, como a historia clínica informatizada, no que o centro de saúde ordense foi pioneiro na comarca de Santiago e que está permitindo mellorar a atención sanitaria dos veciños e das veciñas de Ordes.
.

Que supón ser SAP?
Esta transformación en Servizo de Atención Primaria supón que o centro ordense acadará o nivel organizativo superior de xestión, planificación e apoio fixado pola Consellería de Sanidade, de xeito que dependerá directamente da Xerencia de Atención Primaria e podería mesmo chegar a integrar a outras Unidades de Atención Primaria da comarca.

Un centro para 15.000 habitantes
O centro de saúde de Ordes ten asignada unha poboación de 15.000 habitantes. Ademais, neste centro tamén se atopa ubicado o Punto de Atención Continuada, que presta servizo de atención urxente a 25.000 habitantes dos concellos de Ordes, Tordoia, Mesía, Trazo e Frades. Ademais, no centro de saúde existen outros servizos complementarios como farmacéutica, matrona, fisioterapia e odontoloxía.

*