miércoles, 7 de enero de 2009

Unha matanza de raposos terá lugar o sábado moi perto de Ordes

.

Con gallo do campionato provincial de caza do raposo

Celebraráse nos lugares de Sofán e Carballo

As asociacións ecoloxistas Adega, Amigos da Terra, Asturias Verde, ASCEL, Coto do Frade, Eucaliptos NON, Fundación Altarriba, GAS Vigo, Libera!, Matar por Matar Non, SOS Courel e Verdegaia denuncian o "lamentable e sanguento espectáculo" dos campionatos provinciais de caza de raposo que terán lugar este sábado 10 de xaneiro nos municipios coruñeses de Bergantiños, Sofan, Dumbría, Corme e Carballo.

Esta actividade, que segundo comunica o colectivo "está considerada como deporte", está organizado pola Federación Galega de Caza que conta co apoio e luce os logotipos, de "Deporte Galego", "Consellería de Cultura e Deporte" e "Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible". Según eles, este feito supón un "suceso inédito" que está vetado nas outras comunidades autónomas, e que "realiza sempre en Galicia, lugar onde os terreos de caza non reportan beneficio algún aos seus propietarios, o que permite realizar estas actividades perniciosas ao custe de 30 euros -cea incluída-. Os ecoloxistas tamén advirten do "fraude á tempada oficial de caza" que supón esta actividade, posto que a tempada remata hoxe 7 de xaneiro.

Exixencias ás consellería de Cultura e Medio Ambiente
O comunicado do colectivo remata con dúas "exixencias". Unha á Consellería de Cultura e Deporte para que "anule a normativa e subvencións que elevan unha actividade depredadora e sobre explotada, como é a caza, a categoría de 'deporte de competición"; e outra á Consellería de Medio Ambiente para que "prohiba estas agresións ao noso medio e a nosa fauna e que proceda a investigar as irregularidades nos censos de caza, reiteradamente denunciadas sen resultado, e que son a base desta actividade".

Pola súa banda, a Federación Galega de Caza xa dirixira, en xuño do 2008 unha "carta aberta ás organizacións ecoloxistas" sobre a polémica caza do raposo. No escrito asinado polo seu presidente, José María Gómez Cortón, asegura que "dende sempre a caza foi un regulador das especies, e no caso do raposo é a súa función máis importante". Tamén asegura que nas cacerías "cómprense todas e cada unha das normas xerais para a súa práctica". Respecto á financiación que algúns estimaban en 700.000 euros da Consellería de Cultura, Gómez Cortón desmite tales cantidades e invoca ao DOG que "publica o importe do convenio da Federación de caza, que ascende a 44.500 euros no ano 2007". Pero o certo é que non só de Cultura reciben cartos. A Consellería de Medio Ambiente asinou convenio coa Federación vixente ata o 20 de novembro de 2007 por unha cuantía de 90.000 euros.

Queres formar parte do censo de 'persoas NON cazadoras' de Ecologistas en Acción?. Fai clic aquí e asina o teu compromiso de non cazar.

*