Se trata de 24 pistas en Vilamaior e outras 22 en Barbeiros
O Concello vén de enviarlle á Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural a relación de pistas que se deberán executar ao abeiro das concentracións parcelarias de Vilamaior e Barbeiros.
Que se abran os camiños que quedaron sen abrir
No escrito enviado á Consellería do Medio Rural, o Concello de Ordes solicita que se abran todas as pistas e camiños que quedaron sen abrir na concentración parcelaria para poder acceder debidamente a todas as fincas. Así mesmo, o Concello solicita que se enlacen as pistas xa existentes, e correspondentes á antiga concentración, coas da nova concentración parcelaria “para evitar que non queden incomunicadas”, explica Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural.
Finalmente, o Concello solicita o acondicionamento de 24 pistas en Vilamaior e outras 22 pistas en Barbeiros que quedaron en mal estado. No informe remitido a Medio Rural, os técnicos do Concello de Ordes especifican os tramos concretos en cada localidade e adxuntan tamén un escrito no que os propietarios dos terreos solicitan coa súa firma o arranxo destes camiños.
Entre outros, recóllense peticións en lugares coma Mandayos, Os Lagos (2), Vieites (2), Baltares, Coruxo (3), Fondo de Aldea (2), Tras do Ramil, Fonde de Aldea (2), Cachopas, Uzal (2), O Pino, Aldeíña (3), Pedregal, Cerqueira correspondentes á parroquia de Barbeiros.
Entre outros, recóllense peticións en lugares coma Mandayos, Os Lagos (2), Vieites (2), Baltares, Coruxo (3), Fondo de Aldea (2), Tras do Ramil, Fonde de Aldea (2), Cachopas, Uzal (2), O Pino, Aldeíña (3), Pedregal, Cerqueira correspondentes á parroquia de Barbeiros.
No caso de Vilamaior, recóllense peticións de arranxo ou apertura de pistas en O Curro, A Pedreira, Merlíns, A Maquía (2), Merchás, Adrán (4), A Barreira, Verxa, Socorro, A Cesteña, etc
A listaxe destas pistas comezou a elaborarse o pasado 29 e 30 de decembro, datas nas que o concelleiro de Medio Rural se reuníu cos veciños e veciñas afectados pola concentración parcelaria das parroquias de Vilamaior e Barbeiros para recoller de primeira man as súas necesidades en canto á rede de camiños secundarios que se deberían executar ao abeiro da devandita parcelaria.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural
"A relación de 46 pistas foi elaborada dacordo coas peticións realizadas polos propietarios dos terreos afectados polas concentracións parcelarias de Vilamaior e Barbeiros, que se dirixiron a este Concello ben en persoa ben por escrito"
"O 29 e 30 de decembro pedímoslles aos veciños que nos dixeran aquelas pistas e enlaces que se deberían facer e agora lle enviamos á Delegación Provincial e á Consellería do Medio Rural o informe dos técnicos do Concello para que, dentro da cuantía económica do convenio, se poidan acondicionar canto antes estes camiños"
Foto: Reunión de Xesús Pedreira cos veciños de Vilamaior o pasado 29 de decembro.
*