Na Casa do Concello en horario de 9 a 14 horas
O Concello de Ordes vén de poñer hoxe mesmo a disposición de todos os seus veciños e veciñas unha oficina de reclamacións dos danos causados polo recente temporal de vento e choiva que azotou Galicia esta fin de semana. Esta oficina está situada no primeiro andar da Casa do Concello e nela os veciños poderán xestionar calquera tipo de reclamación relacionada cos danos ocasionados polo devandito temporal.
O horario de atención ao público será de 9 a 14 horas.
*